Instalación e mantemento dun acuario mariño de litoral

lunes, 17 de mayo de 2010

TERMÓMETRO-DENSÍMETRO


Xa dixemos tamén que non imos complica-lo acuario con medicións exahustivas,controls polo miúdo..nada diso,que nós o que queremos e disfrutar, non agobiarnos. Coma que a pedra angular deste método é a renovación parcial frecuente, seguro que non lle dará tempo a se estropear con esa merda de amoniacos, nitritos, nitratos, acidez e tuto cuanto...(ademáis de que o "skimmer" tamén axuda)
Pero outra cousa é a temperatura e salinidade, que depende moito do ambiente. Non lle pode da-lo sol ao acuario, elemental. Pero ainda así pode que o noso baixo sexa quente dé máis no verán, e que a evaporación faga subi-la salinidade. Os nosos habitantes, intermareais eles, soportan bastante ben este cambio, pero non temos por qué achuchalos moito (eu non deixaría que chegue ao 33/1000 -que sería moito se temos peixes peláxicos- pero o certo é que nunca me pasa do 31). Vale, palabra que sí, auga do grifo para que a salinidade volva ao seu. Pero sen abusar. E se a temperatura aumenta (non debería pasar dos 18º, e xa é moito), botamos man do garrafón que sempre temos cheo nun sistio fresquiño, para a ocasión, e a renovar que é xerundio (digo infinitivo). E dependendo das condicións de cada un (densidade de poboación, temperatura...), pois paseo á beiramar e a por máis garrafòns.

2 comentarios:

  1. Pues no es tan facil como pare mantener un acuario en casa con agua del mar. Verdaderamente es entretenido.

    ResponderEliminar
  2. Me parece que mehe pasado con lo de controlar tanto la temperatura: hoy mismo el mío ha llegado a los 20º (no lo protegí bien de la caliente claridad mañanera9 y no pasó nada, que esta fauna resiste bien. Ventilé el local para refrescarlo y ya está bajando. En serio que no es tan complicado. Y certifico que es MUY entretenido

    ResponderEliminar

Seguidores

VISITA O ACUARIO DE IÑAKI