Instalación e mantemento dun acuario mariño de litoral

martes, 13 de julio de 2010

¿SERÁ GASPAR?

Este é o arras que hoxe pasóu a uns 200 metros do meu acuario:


Este disque é o Gaspar:


Hoxe pola mañá, o meu avó saíu ao balcón..¡e víu un arroas saltando xusto diante do muelle!!



Cando baixóu facele fotos, xa non saltaba, e a mellor que lle fixo foi a que poño ao primeiro.



Di el que pode que sexa Gaspar, o famoso golfiño que anda de ría en ría, aínda hai un par de meses que vimos no muelle de Muros, entre as canas dos pescadores, pero non tiñamos a fotera a man, qué pena.



Porque os arraces andan en grupos máis ou menos numerosos, mentras que este andaba soíño. A comparación coa aleta dorsal coa do Gaspar da foto baixada de internet non os di moito. Así que pode que sí e pode que non, ¡depende! como decimos por Galicia.

O arroaz (Tursiops truncatus, Montagu 1821) é, entre tódolos golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, porque o seu comportamiento social lle achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos

Os arroases son especialmente sociais e parecen trasladar esta relación ó home, sendo frecuente que se acheguen á estela dos barcos ou ós nadadores. Parece ser que, en ocasións, chegaron a salvar a náufragos manténdoos a flote e está documentado o salvamento de catro persoas en Nova Celandia cando estaban a ser atacados por un gran tabeirón branco .

En calquera caso, isto non impide que teñan tamén comportamentos agresivos entre si, con loitas entre os machos para o acceso ás femias. De feito, son frecuentes as marcas e cicatrices na pel dos adultos. Tamén se sabe de ataques a tabeiróns e a toniñas (outro cetáceo de tamaño notablemente inferior.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Seguidores

VISITA O ACUARIO DE IÑAKI