TRASLADO E ADAPTACIÓN. A inmensa maioría das especies
litorais aguantan moi pouco tempo de traslado, especialmente polo aumento da
temperatura e tamén pola escasez de osíxeno ademáis de polo sensibles que son ó
traqueteo do transporte. Se o traslado non se pode facer de inmediato, hai que
poñe-la auga en sitio fresco, e osixenala cun aireador. Temos que coidar que non se quente a auga.
Despois, o transporte ten que ser moi coidadoso para que non se golpeen contra
as paredes, especialmente se son peixes. Finalmente, temos que evitar como sexa
o chamado "choque térmico": un brusco "salto" entre as
temperaturas da auga na que estan e a do acuario. Antes de os introducir nel,
comprobaremos que non hai gran diferencia de temperaturas (un "salto"de
3-5ºC xa é moito). O mellor método é traslada-los animais en bolsas de plástico
cheas de auga ata a metade: amortigua os posibles golpes e facilita a
adecuación térmica: a bolsa introducese no acuario unha media hora para
compensar a diferencia. Para maior precaución, aínda antes de trasvasalos,
podemos sustituir un tercio da auga da bolsa por auga do acuario, e repetilo
aínda un pouco máis tarde. Lémbrade que
as presas non che son nada boas: apresurarse para ve-la nosa fermosa barbada
nadando polo acuario é arriscarse a vela morrer lentamente. Xa dixemos o
importante que é que o acuario sexa grande e que esté en lugar fresco e aireado
para que a súa temperatura non suba moito nunca.
Instalación e mantemento dun acuario mariño de litoral
martes, 29 de mayo de 2012
martes, 22 de mayo de 2012
RECLUTANDO
¿HAI ALGUNHA OUTRA MANEIRA
DE conqueirir EXEMPLARES?
-Pódense
pescar: fanecas, calamares, robalizas, muxos, panchos. Arrincarlle-la brinca
con moita delicadeza e botalos axiña ó cubo con auga.
-Podense
coller nunha nasa: vellos, panchos, fanecas, congros, crustáceos, estrelas,
estrelas, estrelas...
-Podense
coller buceando: bivalvos, tubícolas, crustáceos, equinodemos, holoturias,
algas...
-Pódense
pedir (e se os dará): nas piscifactorías, salmóns e rodaballos; nas cetáreas,
marisco variado.
-Poden
recolectalos outros. Quero dicir, por exemplo os alumnos. Eles teñen parentes
que botan nasas, que teñen bateas, que van pescar na gamela... Nas vilas
mariñeiras, os problemas será advertir ós alumnos de cómo e qué recolectar, de
cómo traelos, de que nunca os boten eles ó acuario, de que non veñan cargados
con moitos exemplares da mesma especie... o seu entusiasmo é tanto, que
controlalo será tarefa agotadora pero será
inagotable a variedade de exemplares que pasará polo acuario, incluso traerán
especies da zona infralitoral, o que dará pé para algunha actividade máis.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Seguidores
VISITA O ACUARIO DE IÑAKI
Etiquetas
ACCESORIOS
(1)
ACTINIAS
(2)
AGUA
(1)
ALIMENTACIÓN
(1)
APARELLOS
(1)
Aplysia
(1)
ARRACES
(1)
AVÓ
(1)
BIVALVOS
(1)
BUCEANDO
(1)
CAMARÓNS
(1)
CETÁCEOS
(1)
CHAPARELLAS
(2)
CHOCO
(1)
CURSO: APARELLOS
(1)
CURSO: PRESENTACIÓN
(2)
DIARIO
(1)
FOTOS
(2)
GHRAN ACUARIO
(1)
HABITÁCULO
(1)
HABITANTES
(1)
HUMOR
(1)
INAUGURACIÓN
(1)
INSTALACIÓN
(1)
LORCHA
(1)
MANTENEMENTO
(1)
MEXILLÓNS
(1)
MOITO OLLO
(1)
MOLUSCOS
(1)
MOVING
(1)
Muxos
(1)
OUTROS MUNDOS
(1)
PEZQUEÑINES
(1)
RESUMO
(1)
SIFONOSTOMA
(1)
TIBURONS
(1)
VELLOS
(1)
VIDEOS
(4)