Instalación e mantemento dun acuario mariño de litoral

miércoles, 28 de julio de 2010

COMPILACIÓN

O libro do avó Amado é a miña guía

É un Acuario Mariño de Litoral: O meu avó e máis eu imos tódo-los finde coller exemplares na zona intermareal, non só nas pozas, có truel e coas mans.
O ACUARIO FOI FEITO POR UN CARPINTEIRO DE ALUMINIO,
medidas: 130 x 50 x 45
capacidade. 260 l (non vai cheo ata arriba, claro)
APARELLOS DE MANTEMENTO:
Un FILTRO marca FLUVAL
Un "skimmer" (escumador para extraer-las proteínas e tal),marca Berlin, cunha bomba de aire marxca Élite
Outra bomba de aire máis, aparte.
FONDO: Limpiño, sen area nin nada. Algunas cunchas exóticas grandes que, ademáis de decorar, serven para refuxio dalgún habitante algo apocadiño, algunha pedra para o mesmo, grande, e algunha cuncha autóctona para ambientar.
TAREFAS DE MANTEMENTO: Renovación semanal de 10 ou 15 litros, previa aspiración do fondo para extraer o mesmo volume cós residuos que se atopen.
Alimentación diaria con comida para peixes, escamas de cores, dúas ou tres veces ao día.
A salinidade mantese moi constante gracias á renovación que facemos. A Temperatura está entre 18 e 22 graos.
ESO E TODO, AMIGUIÑOS, dacordo coas experiencias do meu avó, non fai falla complicarse a vida. O segredo, di el, é a renovación constante de pequenas cantidades de auga, a alimentación con comida "limpa", a non introducción de crustáceos (agás os camaróns) e a vixiancia constante , diso encárgome eu, que´é o mais deviertido.
Hoxendía temos estes habitantes no acuario:
.......................................
VELLO- Symphodus melops
MUXO- Mugil





MARIOLA- Ciliata mustela









LORCHO (Gobio sp)








CHAPARELLA -Diplodus vulgaris








CAMARÓN- Palaemonserratus









LORCHA- Lipophyris pavo







LESMA DE MAR- Aplysia sp






AGULLA-Syngnathus rostellatus





ACNITIA-Actinia equina












ACTINIA-Actinia equina

martes, 27 de julio de 2010

O ACUARIO DO AVÓ CANDO ERA PROFE

Hoxe vin no album do avó estafoto dos dous acuarios (mariños de litoral, claro) que o meu avó tiña en "funcionamento" cando era profe en Muros.
Busquéi na páxina web do instituto as Insuas...xa non queda referencia, pero atopéi a dirección da web antiga, e vola poño eiquí para que vexades a variedade de habitantes e actividades que el os seus alumnos "montaban" encol dos acuarios. Pinchade na web antiga do IES AS INSUAS de Muros

martes, 13 de julio de 2010

¿SERÁ GASPAR?

Este é o arras que hoxe pasóu a uns 200 metros do meu acuario:


Este disque é o Gaspar:


Hoxe pola mañá, o meu avó saíu ao balcón..¡e víu un arroas saltando xusto diante do muelle!!



Cando baixóu facele fotos, xa non saltaba, e a mellor que lle fixo foi a que poño ao primeiro.



Di el que pode que sexa Gaspar, o famoso golfiño que anda de ría en ría, aínda hai un par de meses que vimos no muelle de Muros, entre as canas dos pescadores, pero non tiñamos a fotera a man, qué pena.



Porque os arraces andan en grupos máis ou menos numerosos, mentras que este andaba soíño. A comparación coa aleta dorsal coa do Gaspar da foto baixada de internet non os di moito. Así que pode que sí e pode que non, ¡depende! como decimos por Galicia.

O arroaz (Tursiops truncatus, Montagu 1821) é, entre tódolos golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, porque o seu comportamiento social lle achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos

Os arroases son especialmente sociais e parecen trasladar esta relación ó home, sendo frecuente que se acheguen á estela dos barcos ou ós nadadores. Parece ser que, en ocasións, chegaron a salvar a náufragos manténdoos a flote e está documentado o salvamento de catro persoas en Nova Celandia cando estaban a ser atacados por un gran tabeirón branco .

En calquera caso, isto non impide que teñan tamén comportamentos agresivos entre si, con loitas entre os machos para o acceso ás femias. De feito, son frecuentes as marcas e cicatrices na pel dos adultos. Tamén se sabe de ataques a tabeiróns e a toniñas (outro cetáceo de tamaño notablemente inferior.

martes, 6 de julio de 2010

O AVÓ COLGA O ARPÓN

-Mira, Iñaki, mira que maragota tan boa e bonitiña que pesquéi, voulle facer unha foto e póla no teu blog



-Non, avó, diso nada,que xa che puxen a foto do probe do choquiño e ben que o sentín, que dóume moita grima vela. Os peixes que se collen para comer xa non son peixes, son pescados.








-Xa, e os peixes que se collen para meter nun acuario, ¿qué son, Iñakiño?


-Son pezqueñines, coma min, que axudamos a medrar sen perigo de que os coman os grandes. Cando medremos todos, eles e máis eu, ceibarei na ría a estes meus pequenos "Nemos", eu compraréi unha cámara de fotos submariña e iré velos no seu medio e poñeréi eiqui as súas fotos.

-Moi ben, meu neto. Pero non fará falta que compres a cámara, cando medres, daréiche a que vou comprar eu xa mesmo, que vou colga-lo arpón.

-Bravo, meu avó!! Entón sí que poñeréi no blog tódolos peixes que “collas”
















Seguidores

VISITA O ACUARIO DE IÑAKI