Instalación e mantemento dun acuario mariño de litoral

martes, 29 de mayo de 2012

MOVING



TRASLADO E ADAPTACIÓN. A inmensa maioría das especies litorais aguantan moi pouco tempo de traslado, especialmente polo aumento da temperatura e tamén pola escasez de osíxeno ademáis de polo sensibles que son ó traqueteo do transporte. Se o traslado non se pode facer de inmediato, hai que poñe-la auga en sitio fresco, e osixenala cun aireador.  Temos que coidar que non se quente a auga. Despois, o transporte ten que ser moi coidadoso para que non se golpeen contra as paredes, especialmente se son peixes. Finalmente, temos que evitar como sexa o chamado "choque térmico": un brusco "salto" entre as temperaturas da auga na que estan e a do acuario. Antes de os introducir nel, comprobaremos que non hai gran diferencia de temperaturas (un "salto"de 3-5ºC xa é moito). O mellor método é traslada-los animais en bolsas de plástico cheas de auga ata a metade: amortigua os posibles golpes e facilita a adecuación térmica: a bolsa introducese no acuario unha media hora para compensar a diferencia. Para maior precaución, aínda antes de trasvasalos, podemos sustituir un tercio da auga da bolsa por auga do acuario, e repetilo aínda un pouco máis tarde.  Lémbrade que as presas non che son nada boas: apresurarse para ve-la nosa fermosa barbada nadando polo acuario é arriscarse a vela morrer lentamente. Xa dixemos o importante que é que o acuario sexa grande e que esté en lugar fresco e aireado para que a súa temperatura non suba moito nunca.

martes, 22 de mayo de 2012

RECLUTANDO


¿HAI ALGUNHA OUTRA MANEIRA DE conqueirir EXEMPLARES?
         -Pódense pescar: fanecas, calamares, robalizas, muxos, panchos. Arrincarlle-la brinca con moita delicadeza e botalos axiña ó cubo con auga.
         -Podense coller nunha nasa: vellos, panchos, fanecas, congros, crustáceos, estrelas, estrelas, estrelas...
         -Podense coller buceando: bivalvos, tubícolas, crustáceos, equinodemos, holoturias, algas...
         -Pódense pedir (e se os dará): nas piscifactorías, salmóns e rodaballos; nas cetáreas, marisco variado.
         -Poden recolectalos outros. Quero dicir, por exemplo os alumnos. Eles teñen parentes que botan nasas, que teñen bateas, que van pescar na gamela... Nas vilas mariñeiras, os problemas será advertir ós alumnos de cómo e qué recolectar, de cómo traelos, de que nunca os boten eles ó acuario, de que non veñan cargados con moitos exemplares da mesma especie... o seu entusiasmo é tanto, que controlalo será tarefa agotadora  pero será inagotable a variedade de exemplares que pasará polo acuario, incluso traerán especies da zona infralitoral, o que dará pé para algunha actividade máis.

Seguidores

VISITA O ACUARIO DE IÑAKI