¿HAI ALGUNHA OUTRA MANEIRA
DE conqueirir EXEMPLARES?
-Pódense
pescar: fanecas, calamares, robalizas, muxos, panchos. Arrincarlle-la brinca
con moita delicadeza e botalos axiña ó cubo con auga.
-Podense
coller nunha nasa: vellos, panchos, fanecas, congros, crustáceos, estrelas,
estrelas, estrelas...
-Podense
coller buceando: bivalvos, tubícolas, crustáceos, equinodemos, holoturias,
algas...
-Pódense
pedir (e se os dará): nas piscifactorías, salmóns e rodaballos; nas cetáreas,
marisco variado.
-Poden
recolectalos outros. Quero dicir, por exemplo os alumnos. Eles teñen parentes
que botan nasas, que teñen bateas, que van pescar na gamela... Nas vilas
mariñeiras, os problemas será advertir ós alumnos de cómo e qué recolectar, de
cómo traelos, de que nunca os boten eles ó acuario, de que non veñan cargados
con moitos exemplares da mesma especie... o seu entusiasmo é tanto, que
controlalo será tarefa agotadora pero será
inagotable a variedade de exemplares que pasará polo acuario, incluso traerán
especies da zona infralitoral, o que dará pé para algunha actividade máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario