Instalación e mantemento dun acuario mariño de litoral

sábado, 29 de mayo de 2010

VIDEOS

MUXIÑOS:


VELLO:


VELLOS E MÁIS:


LORCHA:

VELLOS E CHAPARELAS

















Os Vellos (Symphodus melops) poden medir ata 30 cm coma moito, mais non soen pasar dos 15 cm. Teñen unha mancha negra aixo da liña lateral, no pedúnculo caudal, e outra detrás do ollo, en forma de media lúa, e outras 5 máis nodorso, na base da aleta caudal, máis difíciles de ver.
Atópanse deica os 30 m de profundidade, entre rochas e algas. Comen crustáceos e moluscos.
Ás veces ten comportamento protoeroxínico: o macho procura chama-la atención das femias dende un niño que fai entre as algas.









As Chaparellas (Diplodus vulgaris) chegan a medir 45 cm. Coñécense ben polas dúas bandas negras, unha detrás da cabeza e outra na base da cola.
Viven pertoda cosata e ata os 50 m de produndidade, entre as rochas ou sobrenadando a area dofondo.
Son sociais, de grandes grupos incluso arrimánse a outros peixes distintos

jueves, 27 de mayo de 2010

MUXOS

Hoxe "chegaron" estes dous muxiños (Mugil cephalus), Lisa en castelán.
Por eiquí non é apreciado comercialmente, pero son moi queridos, porque son os depuradores da auga do esteiro, á que vaia parar toda a merda das casas da beira, que son moitas.
Nembargantes, os que se collen fora de Montelouro sé que se comen con gusto, eu téñoos feitos á parrilla.

domingo, 23 de mayo de 2010

MOITÍSMA CALOR

¡Que calor, miña nai!, gracias que estes bichiños están afeitos ás augas quentes das pozas intermareais

jueves, 20 de mayo de 2010

Hoxe fai moita calor

LESMA DE MAR (Aplysia)
Hoxe dóulle unha raiola de sol ao acuario e chegóume ós 20º. Colléume sen auga de reserva, así que metínlle os xeos que tiña para os cubatas e baixóu un mísero grao. Menos mal que aínda non teño máis que habitantes das pozas intermareais. Hoxe collín unha lorcha de tamaño mediano, pero está agochada baixo dunha gran concha, así que volvo poñer a pequerrecha.
Á dereita, unha actinia, á esquerda, unha lorcha

lunes, 17 de mayo de 2010

TERMÓMETRO-DENSÍMETRO


Xa dixemos tamén que non imos complica-lo acuario con medicións exahustivas,controls polo miúdo..nada diso,que nós o que queremos e disfrutar, non agobiarnos. Coma que a pedra angular deste método é a renovación parcial frecuente, seguro que non lle dará tempo a se estropear con esa merda de amoniacos, nitritos, nitratos, acidez e tuto cuanto...(ademáis de que o "skimmer" tamén axuda)
Pero outra cousa é a temperatura e salinidade, que depende moito do ambiente. Non lle pode da-lo sol ao acuario, elemental. Pero ainda así pode que o noso baixo sexa quente dé máis no verán, e que a evaporación faga subi-la salinidade. Os nosos habitantes, intermareais eles, soportan bastante ben este cambio, pero non temos por qué achuchalos moito (eu non deixaría que chegue ao 33/1000 -que sería moito se temos peixes peláxicos- pero o certo é que nunca me pasa do 31). Vale, palabra que sí, auga do grifo para que a salinidade volva ao seu. Pero sen abusar. E se a temperatura aumenta (non debería pasar dos 18º, e xa é moito), botamos man do garrafón que sempre temos cheo nun sistio fresquiño, para a ocasión, e a renovar que é xerundio (digo infinitivo). E dependendo das condicións de cada un (densidade de poboación, temperatura...), pois paseo á beiramar e a por máis garrafòns.

CAMARÓNS

Neste tipo de acuario (mariño de litoral) hay que ter sempre unha poboación regular de camaróns, digamos coma duas ducias. Porque eliminan moi lixeiro todo resto orgánico que doutro xeito detectariamos só candoa sá descomposición dese problemas, especialmente restos doutros pequenos habitantes, corpos mortos, etc.
PERO OLLO, que os camaróns detectan axiña calquera animal enfermo ou débil, ó que atacan e despedazan cruelmente. Nestes casos temos que protexe-lo débil ou simplemente devolvelo á marea.
Xa dixemos que o noso é un acuario "interactivo", no que estaremos a diario...pois eso: "interactuando", que é o que nos mola. Ademáis de ser moi entretenido e didáctico para nos, os nosos amigos, parentes e netos.

Seguidores

VISITA O ACUARIO DE IÑAKI