Instalación e mantemento dun acuario mariño de litoral

domingo, 20 de noviembre de 2011

TEÑO UN CARNEIRO NO ACUARIO

Se levas un BIVALVO ó teu ACUARIO MARIÑO DE LITORAL, terás que protexelo (por ex. cunha rexilla plástica), para que non o podan morder os demáis habitantes, pois deseguida o matarían e logo o paparían.

Así, poderás admira-la súa anatomía e fisioloxía, por ex. os sifón magníficos do CARNEIRO (Acanthocardia echinata),
e cómo impele ie espele a auga por cada un, e tamén, pena de fotos, cómo saca o seu enorme, roxo e fermoxo pé para desprazarse en caso de urxencia vital ou para intentar enterrarse.
E logo, á pota con él, porque no acuario morren pronto, que non teñen alimento que filtraren.

Por certo, PEPE, a min gustóume tanto coma unha vieira, será porque hai motisimos anos que non como destas, que TODALAS VIEIRAS teñen TOXINAS en proporcións que non me parecen insignificantes a min, digan lo que digan LAS AUTORIDADES COMPETENTES, e ben eu sei o que me digo.

martes, 12 de abril de 2011

TIBURON HIPNOTIZADO

Eu tamén quedéi abraiado có video que ves se pinchas no enlace baixo do bicho ou no mesmo bicho

miércoles, 23 de marzo de 2011

EN JAPON HAY UN ACUARIO COMO EL DE IÑAKI

Sin palabras nos hemos quedado mi nieto y yo.

jueves, 30 de diciembre de 2010

CUANDO NADIE MIRA...

En algún sitio de internet encontré este video, divertido y espectacular, sobre lo que ocurre en la casa de un acuariofilo cuando nadie mira

sábado, 11 de diciembre de 2010

La prueba del algodón

4 Meses despois, estas fotos demostran que O ACUARIO MARIÑO DE LITORAL non é difícil de manter: Non lle fixemos casi NADA. Só lle botamos un par de caldeiros de auga do mar, para comoensar a perda por evaporacion. De auga salgada, ou sexa, da mar, que o sal tamén "se evapora" coa auga e solidifica nos cristais. A auga parmenece limpiña e os peixiños sans. Ainda que houbo algún accidente: o panchiño mási pequeno saltou unha noite fora do acuario e morreu o probiño Este vello acosóu tanto a outro algo menor que estivo a piques de matalo. Houbo que devolvelo á ría pra darlle oportunidade de sobrevivir.





martes, 3 de agosto de 2010

OLLO CAS ESTRELAS


As estrelas son bonitas, son preciosas. No acuario suben polo cristal e vémoslle os seus centos de "pes". PERO HAI QUE TER MOITO COIDADO CON ELAS ¿POR QUE?

Resulta que, no verán, a temperatura da nosa auga chega e pasa dos 20ºC... cousa que non poden atura-las estreliñas. As poucas horas morrerían e o desastre está servido: auga contaminada, auga sucia, auga podre... o máis malo dos males que nos poden amolar.

Esta que eiquí vedes empeñeime tróxenlla para que a vira Iñaki, que sería a sua primeira estrela, que hai que nacer con ela... Pero axiña devolvina á marea, antes de que pasara o que tería que pasar.

O MESMO OU PIOR pasaría con CRUSTÁCEOS e tampouco non augantan nada os BIVALVOS e mesmo os GASTERÓPODOS hainos que evitar se son grandes. Moi especialmente en VERAN, polo aquel da temperatura. En inverno todos aguantan varios dias ou mesmo semana, pero hai que vixialos deseguido e mesmo así pode ocurrir e ocurre que o cataclismo suceda pola noite e teñamos que pasar medio dia limpando o acuario e renovando toda a auga. Non paga a pena.

Hai outros moitísimos habitantes agradecidos e algas axeitadas para termos un acuario sempre divertido e limpo

miércoles, 28 de julio de 2010

COMPILACIÓN

O libro do avó Amado é a miña guía

É un Acuario Mariño de Litoral: O meu avó e máis eu imos tódo-los finde coller exemplares na zona intermareal, non só nas pozas, có truel e coas mans.
O ACUARIO FOI FEITO POR UN CARPINTEIRO DE ALUMINIO,
medidas: 130 x 50 x 45
capacidade. 260 l (non vai cheo ata arriba, claro)
APARELLOS DE MANTEMENTO:
Un FILTRO marca FLUVAL
Un "skimmer" (escumador para extraer-las proteínas e tal),marca Berlin, cunha bomba de aire marxca Élite
Outra bomba de aire máis, aparte.
FONDO: Limpiño, sen area nin nada. Algunas cunchas exóticas grandes que, ademáis de decorar, serven para refuxio dalgún habitante algo apocadiño, algunha pedra para o mesmo, grande, e algunha cuncha autóctona para ambientar.
TAREFAS DE MANTEMENTO: Renovación semanal de 10 ou 15 litros, previa aspiración do fondo para extraer o mesmo volume cós residuos que se atopen.
Alimentación diaria con comida para peixes, escamas de cores, dúas ou tres veces ao día.
A salinidade mantese moi constante gracias á renovación que facemos. A Temperatura está entre 18 e 22 graos.
ESO E TODO, AMIGUIÑOS, dacordo coas experiencias do meu avó, non fai falla complicarse a vida. O segredo, di el, é a renovación constante de pequenas cantidades de auga, a alimentación con comida "limpa", a non introducción de crustáceos (agás os camaróns) e a vixiancia constante , diso encárgome eu, que´é o mais deviertido.
Hoxendía temos estes habitantes no acuario:
.......................................
VELLO- Symphodus melops
MUXO- Mugil





MARIOLA- Ciliata mustela









LORCHO (Gobio sp)








CHAPARELLA -Diplodus vulgaris








CAMARÓN- Palaemonserratus









LORCHA- Lipophyris pavo







LESMA DE MAR- Aplysia sp






AGULLA-Syngnathus rostellatus





ACNITIA-Actinia equina












ACTINIA-Actinia equina

Seguidores

VISITA O ACUARIO DE IÑAKI