
Instalación e mantemento dun acuario mariño de litoral
miércoles, 28 de julio de 2010
COMPILACIÓN

martes, 27 de julio de 2010
O ACUARIO DO AVÓ CANDO ERA PROFE
.jpg)
Busquéi na páxina web do instituto as Insuas...xa non queda referencia, pero atopéi a dirección da web antiga, e vola poño eiquí para que vexades a variedade de habitantes e actividades que el os seus alumnos "montaban" encol dos acuarios. Pinchade na web antiga do IES AS INSUAS de Muros
martes, 13 de julio de 2010
¿SERÁ GASPAR?

Hoxe pola mañá, o meu avó saíu ao balcón..¡e víu un arroas saltando xusto diante do muelle!!
Cando baixóu facele fotos, xa non saltaba, e a mellor que lle fixo foi a que poño ao primeiro.
Di el que pode que sexa Gaspar, o famoso golfiño que anda de ría en ría, aínda hai un par de meses que vimos no muelle de Muros, entre as canas dos pescadores, pero non tiñamos a fotera a man, qué pena.
Porque os arraces andan en grupos máis ou menos numerosos, mentras que este andaba soíño. A comparación coa aleta dorsal coa do Gaspar da foto baixada de internet non os di moito. Así que pode que sí e pode que non, ¡depende! como decimos por Galicia.
O arroaz (Tursiops truncatus, Montagu 1821) é, entre tódolos golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, porque o seu comportamiento social lle achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos
Os arroases son especialmente sociais e parecen trasladar esta relación ó home, sendo frecuente que se acheguen á estela dos barcos ou ós nadadores. Parece ser que, en ocasións, chegaron a salvar a náufragos manténdoos a flote e está documentado o salvamento de catro persoas en Nova Celandia cando estaban a ser atacados por un gran tabeirón branco .
En calquera caso, isto non impide que teñan tamén comportamentos agresivos entre si, con loitas entre os machos para o acceso ás femias. De feito, son frecuentes as marcas e cicatrices na pel dos adultos. Tamén se sabe de ataques a tabeiróns e a toniñas (outro cetáceo de tamaño notablemente inferior.
martes, 6 de julio de 2010
O AVÓ COLGA O ARPÓN
-Mira, Iñaki, mira que maragota tan boa e bonitiña que pesquéi, voulle facer unha foto e póla no teu blog
-Non, avó, diso nada,que xa che puxen a foto do probe do choquiño e ben que o sentín, que dóume moita grima vela. Os peixes que se collen para comer xa non son peixes, son pescados.
-Xa, e os peixes que se collen para meter nun acuario, ¿qué son, Iñakiño?
-Son pezqueñines, coma min, que axudamos a medrar sen perigo de que os coman os grandes. Cando medremos todos, eles e máis eu, ceibarei na ría a estes meus pequenos "Nemos", eu compraréi unha cámara de fotos submariña e iré velos no seu medio e poñeréi eiqui as súas fotos.
-Bravo, meu avó!! Entón sí que poñeréi no blog tódolos peixes que “collas”