Instalación e mantemento dun acuario mariño de litoral

sábado, 19 de junio de 2010

¡¡MALDITOS MEXILLÓNS!!

...ou malditos os meus miolos sesentóns...: esquencí saca-los.
A cousa é que os mexillóns téñoos para alimenta-los habitantes do acuario. Vou sacando un par de eles, ábroos e lávoos e bótollelos. Pero eles mesmos non auturan moito tempo vivos no acuario, porque non teñen eiquí fresca auga chea de plancton. Éste da foto seguinte deixéino así e mira qué ben lle ven ao lorchiño Pero estoutro é dos que morreron. Cando morren, cheiran que feden, contaminan e lixan a uga toda. Iso é o que pasóu. Decatéime cando viña con alimento limpo: pienso dunha granxa de salmóns que hai eiquí no pobo. Tamén uso escamas alimenticias das tendas de animáis. Pero góstalles tanto o mexillón e ademáis é un alimento tan natural e completo...Pero non hai que esperar que morran. A ver se non se repute

1 comentario:

  1. Más que un acuario para tu nieto, parece que estás haciendo alguna investigación para publicar en Nature.

    ResponderEliminar

Seguidores

VISITA O ACUARIO DE IÑAKI