Instalación e mantemento dun acuario mariño de litoral

lunes, 13 de febrero de 2012

Vale, vale, non sexamos cuadriculados: non está demáis algún destes accesorios, aínda que non sexan imprescindibles:
-TERMÓMETRO FLOTANTE, con ventosa para fixarlo no interior. É importante, porque detecta os cambios de temperatura aínda primeiro que os animais, dándoche máis tempo a correxila se fose preciso.
-REFRIXERADOR: Non sexamos ilusos: custan máis de 10.000 pesos. Nunha urxencia, meigas fora, usa bolsas conxeladoras do frigorífico. Non hai problema se controlamos a temperatura do local, se prescindimos da iluminación artificial e se temos reserva de auga fresca nalgunha garrafa ad hoc











-DENSÍMETRO: Non é que faga falla, porque o noso método de "auga va" e infalible e salinidade non vai cambiar, que é o que ten que ser, pero é moi didáctico o seu uso. O laboratorio do instituto cederá un para o acuario. Se non é o teu caso, tampoco custa tanto, home, e hai que move-lo mercado









-MANGA DE CAPTURAS. Seguramente terás que añadir un mango máis longo ou terás que mollarte a man cada vez. O certo é que che fará boa falta casi que a diario.






-LIMPIALUNAS para elimina-las incrustacións na cara interna do cristal. Dos que teñen unha coitela de afeitar, son man de santo.
-TUBERÍA TRANSPARENTE, para limpeza por aspiración do fondo e dalgun lixo flotante e para trasvase da auga.
-ILUMINACIÓN ARTIFICAL (TUBOS FLUORESCENTES). Hainas especiais para acuario, que apenas quentan, pero nin por esas: NON POÑADES ILUMINACIÓN ATIFICIAL. Só trae problemas. Hai que ubica-lo ACUARIO nun recuncho ben alumeado, PERO SEN LUZ DIRECTA DO SOL, e abonda.

MAÑÁ FALAREMOS DA AUGA,

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Seguidores

VISITA O ACUARIO DE IÑAKI