Instalación e mantemento dun acuario mariño de litoral

miércoles, 7 de agosto de 2013

APLYSIA

Algúns veráns, coma éste do 2013, cando vaiades ás pozas da baixamar buscar "habitantes" para o voso fermoso ACUARIO MARIÑO DE LITORAL, ides topar Á DERIVA ou mesmo xa varadas na poza ou na area da praia, omdovudas abondas deste misterioso molusco mariño.


Se o colledes na man, vaise estirar e sacar os seus "cornos": tentáculos sensores e rinóforos" e ides abraiar

E se vos mollades o cú ou, mellor aínda, se vos da por bucear, (san costume onde os haxa), toparéis abondos "niño" das súas postas por entre as Laminarias
Ahora o que nos interesa: NIN PENSES EN LEVALA AO ACUARIO. Bueno, home, podes levalo para ver cómo se move, para ver cómo saca os seus catro "tentáculos", para ver como abre as "aletas" ou para ver como excreta, como fixo esta. Se tés camaróns ou lorchiños, verás tamén que logo se decatan de que a nosa LEBRE DE MAR está pachucha e xa queren comela viva. Esa é unha boa razón para devolvela á marea e que morra en paz. Outra razón é que, de tódolos xeitos, morrería axiña no acuario, pola temperatura, pola falta de alimento... Nada, nada, que non naceron para o acuario e menos non  queren morrer en acuario. Se algunha vez atopas exemplares deste ou doutra especia de "Lesmas de Mar", sans e frescas, sé que podes levalas e mantelas unha boa tempada no acuario, eso si. Pero sempre vixiante ao menor signo de debilidade, de ataque de camaróns ou de morte, o peor de todo, porque axiña se podrece a auga toda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Seguidores

VISITA O ACUARIO DE IÑAKI