Instalación e mantemento dun acuario mariño de litoral
martes, 29 de mayo de 2012
MOVING
martes, 22 de mayo de 2012
RECLUTANDO
lunes, 23 de abril de 2012
HAI QUE MOLLARSE O CÚ
martes, 21 de febrero de 2012
AUGA VAI
A AUGA
A auga éche a nai do acuario (bueno, a auga é a nai de TODO!)
Fácil, fácil: IREMOS A POR AUGA Ó MAR. Non a hai mellor. Home, Watson, teremo-la precaución de buscar un peirao con algunha zona libre de contaminación (por exemplo o de Esteiro, en Muros -si, home, onde se celebra o 18 de Xullo mellor ca en ningures: Có Gran Prix de Carrilanas-), e iremos un día de augas transparentes, encheremos varias garrafas e faremos, sen presas, pero sen pausas, as viaxes necesarias (¡con 10 garrafas de 15 l. xa temos 150!) Como a auga vai estar varios días circulando sen poboación no acuario, temos tempo.
Pero HAI OUTROS RECURSOS: Podemos ir a unha cetárea, unha piscifactoría cercana ou unha depuradora de marisco. É posible que estes augas esten cloradas, pero a que chega ás piscinas xa foi previamente declorada, non de todo, pero no noso acuario terminará de escaparselle o que lle quede, mentres agardamos os primeiros días.
Para as renovacións parciais da auga, tampouco ten maior importancia este detalle de restos de cloro, non sexamos tiquismiquis.
-Non teñamos presas por ver "alguén na auga". Coñecemos casos de apresurados que ocasionaron máis dunha tristísima "defunción" por levar invitados antes de tempo ó acuario.
Non é mal consello ter uns días o acuario sen habitantes: controlaremos o funcionamento do filtro e do aireador e, sobre todo, as posibles variacións de temperatura ó longo do día e dun día a outro, e poderemos correxir imprevistos (ese radiador que quedou encendido, ese enchufe que non furrula, esa tapa que non cerramos antes de pasa-la escoba...)
RENOVACIÓNS PARCIAIS: É aquí o quid da cuestión, o segredo do acuario mariño de litoral (certamente, o segredo de calquer acuario): Renovación parcial frecuente da auga ¿con qué frecuencia?. Non teñas medo de facer renovacións de máis, porque canto máis a miúdo o fagas, tento mellor. Pero non te obsesiones, que é malo para a saúde. O sentidito (tamén chamado nalguees “sentido común”) vaiche avisar, pero é mellor que non teña que facelo, vamos, que renoves sempre que te pete, sen esperar aviso ningún, sen agardar a que algo vaia mal. Vives perto do mar ¿non si?, pois unha pequena garrafa de só 10 litros dá moito xogo se vas e ves a miudo: sacas 10 l do acuario e botas eses 10 l novos. Se non vives moi perto da beiramar, podes ter na casa unha reserva maior, e vaina gastando aos poucos. Se vives moi, moi lonxe da costa, entón este curso non é para ti.
miércoles, 15 de febrero de 2012
lunes, 13 de febrero de 2012
-TERMÓMETRO FLOTANTE, con ventosa para fixarlo no interior. É importante, porque detecta os cambios de temperatura aínda primeiro que os animais, dándoche máis tempo a correxila se fose preciso.
-DENSÍMETRO: Non é que faga falla, porque o noso método de "auga va" e infalible e salinidade non vai cambiar, que é o que ten que ser, pero é moi didáctico o seu uso. O laboratorio do instituto cederá un para o acuario. Se non é o teu caso, tampoco custa tanto, home, e hai que move-lo mercado-
MANGA DE CAPTURAS. Seguramente terás que añadir un mango máis longo ou terás que mollarte a man cada vez. O certo é que che fará boa falta casi que a diario.-
LIMPIALUNAS para elimina-las incrustacións na cara interna do cristal. Dos que teñen unha coitela de afeitar, son man de santo.-TUBERÍA TRANSPARENTE, para limpeza por aspiración do fondo e dalgun lixo flotante e para trasvase da auga.
-ILUMINACIÓN ARTIFICAL (TUBOS FLUORESCENTES). Hainas especiais para acuario, que apenas quentan, pero nin por esas: NON POÑADES ILUMINACIÓN ATIFICIAL. Só trae problemas. Hai que ubica-lo ACUARIO nun recuncho ben alumeado, PERO SEN LUZ DIRECTA DO SOL, e abonda.
viernes, 10 de febrero de 2012
IMPRESCINDIBLES
Se houbese eu tido un filtro coma este cando comencéi cós acuarios na casa en na escola, moitos traballos, molestias, desastres e choros teríame aforrado.
é un escumador, pra recolle-lo amoniaco, e un invento cojonudo: recolle moita "porquería" da máis perigosa, da que cambia o pH, cría bacterias patóxenas, enturbia... En fin, que un pon o sorriso de orella a orella cando ve acumularse tanta merda e auga tan limpiña e o pH tan equilibrado
O aireador de burbullas, aínda que o skimmer tamén airea, fai falta un aireador aparte para garantir a suficinte osixenación da auga e para evitar que unha avería cause estragos.
Hai máis accesorios, pero como que son accesorios, son prescindibles, prescindiremos deles, que este vai ser un ACUARIO FÁCIL, non non autocomplicaremos máis a vida.
Mañá falaremos da AUGA, que tamén é importante, home
Seguidores
VISITA O ACUARIO DE IÑAKI
Etiquetas
Archivo del blog
-
►
2012
(14)
- ► septiembre (2)


